Competencias básicas
Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo.
Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación ou creación.
Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidades e destrezas
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas claves que hai que respostar para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrentarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencias xerais
Competencia xeral 1 (CG1)
Capacidade para desenvolver con rigor pensamento científico-técnico
Competencia xeral 2 (CG2)
Capacidade para deseñar e executar proxectos de investigación.
Competencia xeral 3 (CG3)
Capacidade para redactar traballos científicos mediante o coñecemento da metodoloxía de investigación a aplicar no ámbito da nanociencia e/ou a biomedicina.
Competencias específicas
Competencia específica 1 (CE1)
Coñecer algún dos principais métodos de síntese de nanopartículas, así como os seus mecanismos de estabilización máis habituais.
Competencia específica 2 (CE2)
Coñecer as técnicas experimentais para a caracterización dos nanomateriais.
Competencia específica 3 (CE3)
Coñecer en detalle algunha das aplicacións biotecnolóxicas dos nanomateriais.
Competencia específica 4 (CE4)
Capacidade de desenvolver aplicacións en nanomedicina e resposta inmune.
Competencia específica 5 (CE5)
Capacidade de desenvolver e aplicar biomarcadores en estudos biolóxicos.
Competencia específica 6 (CE6)
Capacidade para poder levar a cabo análise química e entender os efectos fisiolóxicos das biotoxinas, contaminantes ambientais e alimentarios.
Competencia específica 7 (CE7)
Ser capaz de realizar unha investigación científica orixinal que supoña un avance na ciencia dos nanomateriais e/ou a Biomedicina.
Competencias transversais
Competencia Transversal 1 (CT1)
Capacidade para elaborar, redactar e expoñer con rigor traballos científicos, particularmente en lingua inglesa e dirixidos a diferentes audiencias.
Competencia Transversal 3 (CT2)
Capacidade de integración, colaboración e traballo en equipo.
Competencia Transversal 3 (CT3)
Capacidade para localizar e manexar as principais fontes e bases de datos de bibliografía científica, facendo especial énfase nos recursos na rede.