Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Perfil de ingreso

O perfil de ingreso recomendado para o Doutoramento en Nanociencia e Biomedicina é o do Master Interuniversitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía, o do Master Interuniversitario en Biotecnoloxía Avanzada, o do Master en Enxeñaría Biomédica, Master Universitario en Xenómica e Xenética, o Master Interuniversitario en Investigación Química e Química Industrial, o Master Interuniversitario en Física Aplicada, o Master Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental, o Master Interuniversitario en Neurociencia.

No caso de alumnos procedentes doutros mestrados ou outros títulos tanto nacionais como estranxeiros, a CAPD comprobará en cada
caso que o respectivo título ofrece unha formación equiparable, no ámbito do programa de doutoramento, á dalgún dos mestrados recomendados.

De non ser así, considerarase que o perfil non é apropiado para ingresar no programa.

 

Admisión nos estudos de doutoramento

A Comisión Académica do Doutoramento, realizará unha valoración dos estudos previos dos alumnos para comprobar que estes son válidos para a admisión no doutoramento. Admitirase aos alumnos que presenten o perfil de ingreso recomendado.

No caso de alumnos procedentes doutros mestrados ou outros títulos tanto nacionais como estranxeiros, a CAPD comprobará en cada caso que o respectivo título ofrece unha formación equiparable, no ámbito do programa de doutoramento, á dalgún dos mestrados recomendados. Se o título presentado por algún alumno non ofrece unha formación equiparable, non se admitirá no programa.

Procedemento de admisión

  1. Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión, poderán solicitar a admisión ao programa de doutoramento, para o que a universidade establecerá un prazo de preinscrición.
  2. Finalizado este prazo, a Comisión Académica realizará a proposta de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista de agarda, de acordo cos criterios de selección establecidos. A proposta considerarase como relación provisional de admitidos e farase pública.
  3. Os aspirantes non admitidos poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na correspondente convocatoria de matrícula. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación de alumnos admitidos ao órgano de xestión de alumnos correspondente, a efectos de poder formalizar a súa matrícula no prazo que se sinale. De non formalizar a súa matrícula, o solicitante decaerá nos seus dereitos.
  4. No caso de que haxa máis solicitantes que prazas e sexa necesario facer unha selección, para iso realizarase unha valoración dos CV dos solicitantes que permita priorizar as solicitudes, tendo en conta os seguintes criterios e a súa ponderación:
    • Nota do expediente académico de grao/licenciatura (50%)
    • Nota do expediente académico do mestrado/DEA (30%)
    • Experiencia investigadora acreditada mediante publicacións en revistas do JCR (20%)