| Exposición do plan do programa de tese |
10 horas |
Obrigatorio |
Todos os alumnos (con dedicación total ou parcial) realizarán unha exposición do seu plan de traballo de investigación ao comezo da súa actividade académica, no tempo e forma establecido pola Comisión académica. Nesta presentación non se espera que o alumno expoña ningún resultado, senón só os obxectivos perseguidos e o plan de traballo deseñado. |
| Asistencia a cursos ou conferencias |
10 horas |
Obrigatorio |
Os doutorandos asistirán a cursos ou conferencias por un mínimo de 10 horas por cada ano. No caso de estudantes con dedicación a tempo parcial, o nº mínimo de horas por ano será de 5. O obxecto destes cursos ou conferencias é ofrecer ao estudante formación en temas vinculados coa investigación. |
| Asistencia e impartición de seminarios de investigación |
30 horas |
Obrigatorio |
Cada doutorando impartirá un mínimo de 1 seminarios de 30 minutos no CINBIO durante o período de formación, preferentemente no último ano. O resto dos alumnos e profesores poderán realizar preguntas. Os estudantes deberán asistir a un mínimo de 3 seminarios organizados polo CINBIO. Os estudantes con dedicación a tempo parcial impartirán un único seminario e só estarán obrigados a asistir a un dos seminarios que se impartan no centro. |
| Presentación de comunicación en congresos |
30 horas |
Obrigatorio |
Todos os alumnos (con dedicación total ou parcial) están obrigados a asistir polo menos a un congreso (preferentemente internacional) ao longo da súa formación doutoral; ademais, recomendarase a asistencia ao ANNUAL MEETING organizado polo CINBIO. Nestes congresos presentaranse os resultados da súa investigación mediante unha comunicación oral ou un cartel. A CAPD informará aos alumnos das datas e lugares nos que se celebran congresos relacionados coa temática do doutoramento e tentará respectar a elección do congreso tendo en conta criterios de adecuación e custo económico. |
| Redacción e publicación de artigos científicos |
40 horas |
Obrigatorio |
Todos os alumnos (con dedicación total ou parcial) terán que redactar polo menos un artigo científico no formato dunha das revistas de JCR. Este artigo enviarase a esa revista para a súa publicación. |
| Promoción de mobilidade |
528 horas |
Optativo |
Estadía noutro centro de investigación cunha duración mínima de 3 meses. Fomentarase que cada alumno realice durante o período de doutoramento polo menos unha estadía de tres meses nun centro de investigación, preferiblemente estranxeiro. As estadías realizaranse, preferentemente, durante a segunda metade do período de doutoramento. |